Reixtro Civil

Besteiro négase a declarar ante a xuíza Pilar de Lara no marco da Pulpo

José Ramón Gómez Besteiro négase a declarar ante a xuiza Pilar de Lara. O expresidente da Deputación de Lugo e exsecretario xeral dos socialistas galegos acudía hoxe aos xulgados da cidade como imputado por seis presuntos delitos no marco da chamada Operación Pulpo, que investiga presuntos amaños de contratos e fraude en subvencións no ente provincial.

Besteiro non quixo tampouco facer declaracións aos medios de comunicación. Si falou a súa abogada, Esperanza Ferreiro. Ferreiro explicou que o motivo polo que o socialista preferiu non declarar foi porque a xuiza mantén o segredo de sumario sobre boa parte da causa.

Con todo, Ferreiro non ve ningún indicio para culpar ao seu defendido dos delictos que se lle imputan, entre eles suborno, prevaricación ou tráfico de influencias. Defende que Besteiro na súa etapa presidindo o ente provincial tan só se limitou a asinar os papeis avalados polos técnicos.

Tamén estaba chamada a declarar e tamén se acolleu ao seu dereito ao non facelo a que fora xefa de Comunicación de Besteiro na Deputación, Leticia Vilar, imputada nesta causa por catro delitos.

O presidente do grupo de transporte Monbus, Raúl López, que tamén tiña que comparecer hoxe perante a xuíza, tan só se limitou a contestar as preguntas do seu abogado para aclarar as acusacións que pesan sobre el no marco do sumario e que apuntan a que a súa empresa se beneficiou presuntamente de contratos amañados polos que realizaba supostamente regalos a políticos da Deputación.

Precisamente o actual presidente do ente provincial, Darío Campos, volvía referirse hoxe a este tema. Campos agarda que finalmente se demostre que non se cometeu ningunha irregularidade por parte do anterior goberno provincial.

Dende o grupo do PP na Deputación lamentan que Besteiro perdese unha “magnífica oportunidade”, din, de aclarar as sombras da súa xestión á fronte do ente provincial.

O deputado provincial Carlos Armesto censura que o expresidente da Deputación “fale de colaborar coa xustiza e despois opte por non comparecer”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com