José Ramón Gómez Besteiro candidato á presidencia da Xunta de Galicia nas pasadas eleccións do 18 F e deputado no Congreso, ven de comunicar que renuncia á súa acta de deputado para centrarse en Galicia.
O seu posto nas cortes pasarao a ocupar Patricia Otero, segunda na lista do PSOE por Lugo que era ata as elección do pasado día 18 deputada autonómica.
Besteiro, ademais, será, con toda probabilidade, o novo secretario xeral do PSdG, cargo que xa desempeñara, xa que está previsto que o actual secretario xeral, Valentín Formoso, apoie para o posto ao político lucense no vindeiro congreso dos socialistas galegos.