José Ramón Gómez Besteiro e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, mantiveron en Chantada unha reunión con todas as familias que forman o Foro pola Economía Social Galega, no transcurso da xuntanza, manifestaron o seu firme apoio a esta “forma de facer empresa”, que en Galicia supón o 7% do PIB grazasás máis de 4.800 entidades, 11% delas na provincia de Lugo, que presentanun volume de emprego estimado de 25.000 persoas.
Besteio lembrou que “foi ungoberno socialista, o de José Luis Rodríguez Zapatero, o que defendeu e aprobou a primeira Lei de Economía Social do mundo e foi outro presidente socialista, Pedro Sánchez, o que deu luz verde ao Perte específico para a Economía Social, -dotado conmais de 1.700 millóns de euros-, ademais de impulsar a Estratexia Española de Economía Social 2023-2027 e o Anteproxecto da Lei integral de Economía Social”.
Para nós, continuou, “é natural apoiar a economía social porque representa todos os valores que defendemos: emprego inclusivo e de calidade, promoción do rural e, sobre todo, un modelo económico que pon ás persoas por encima do lucro e así está reflictido no noso programa”. Valores, sinalou o número 1 ao Congreso polo PSdeG-PSOE por Lugo, “que teñen todo que ver co que defendemos os socialistas e nada que ver co que propugnan Feijóo e Abascal que non lleadican ni unha liña nos seus programas”.
Por contra, Besteiro lembrou que “a Deputación de Lugo converteuse na primeira administración pública de Galicia e a primeira deputación de España en implantar un modelo de contratación socialmente responsable, foi en 2014, cando era presidente da institución, e creo que iso di algo do meu respaldo a todo o que representa este sector”.
Tras unha visita á empresa Mariñeiras Daveiga, “un exemplo do que a economía social pode facer no rural, fixando poboación e apostando polo territorio”, o número 1 ao Congreso polos socialistas de Lugo e o delegado do Goberno aplaudiron o traballo do Foro e das sociedades que o conformanen favor da inclusión, da Galicia despoboada e do emprego feminino, entre outros valores. Tras o encontro, o candidato e o delegado de Gobernoforonobsequiados cun libro editado por ForoEsGalque recolle a historia da economía social enGalicia porque, como sinalou Celso Gándara, presidente do Foro, “para avanzar é necesariocoñecer as orixes”.