A biblioteca municipal, a piques de alcanzar os 12.000 usuarios

O número de usuarios inscritos no servizo de préstamo da Biblioteca Municipal rolda xa os 12.000, dos cales máis de 9.800 son adultos e 1.900 nenos, dándose de alta neste servizo dende o pasado 1 de xaneiro 196 novos usuarios segundo os datos do Concello.

“Trátase dun balance moi positivo a favor da Biblioteca Municipal, un servizo que se reforza ano tras ano coa constante actualización e ampliación do seu fondo bibliográfico que conta a día de hoxe con 37.736 exemplares, dos que 31.437 son libros, 13.853 infantís e 17.584 adultos; 4.440 documentos audiovisuais, 1.361 documentos sonoros e 501 documentos electrónicos”, subliñou a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre.

Basadre subliñou que a Biblioteca superou nos primeiros seis meses do ano os 11.800 préstamos, sendo un 84% do total libros, e o resto documentos audiovisuais. “Estas cifras amosan a aposta clara e decidida do Concello pola cultura, e por facilitarlle aos lucenses o acceso a un bo fondo bibliográfico e audiovisual de xeito gratuíto, achegándolles ademais títulos novidosos do panorama literario actual”, asegurou a concelleira.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com