A Biblioteca Nodal acolle a mostra ‘Imaxe e palabras’ polo 50 aniversario de Aspnais

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe na inauguración da exposición Imaxe e palabras na Bibioteca Nodal de Lugo, centro dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Tamén participou, entre outros, o  presidente de Aspnais, José Reigosa.

Balseiro subliñou “o papel insubstituíble que realizan as entidades de iniciativa social na atención ás persoas do seu entorno”, e no caso concreto de Aspnais, destacou que se ten convertido “nunha das entidades máis queridas de Lugo e máis implicadas no seu tecido social”.

A mostra, que permanecerá na Biblioteca durante todo o mes, recolle instantáneas e textos de 16 fotógrafos e 31 escritores que ofrecen a súa visión sobre o labor de Aspnais.  Na inauguración, o escritor Otero Canto leu un poema en representación dos autores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com