Binormativa: O futuro é agora

Son galego de nascencia e se consciencia, non teño feito ningún curso de galego agás un da Asociación  Cultural Alexandre Bóveda da Coruña cando era un rapaz e que impartira a grande Pilar García Negro. Desde aquela, moito se ten discutido sobre o galego.

Na miña posición de cidadán galegofalante e desde a perspectiva de casi 12 lustros de existencia, a cruda realidade é que o galego ten retrocedido en falantes e que hai un evidente problema de trasmisión xeracional do idioma por múltiples causas que, de seguro, se ten investigado por profesionais bastante máis cualificados. Ao meu ver, hai un factor clave que debe ser o centro dun debate no que a lingua, ademais da nosa principal seña de identidade, terá que ser, tamén, a principal ferramenta de desenvolvemento do noso país nun mundo cada día máis globalizado.
Se a sociedade percibe que o idioma é útil, este recuperará uso e funcionalidade, pero si este está só para uso interior, irá perdendo usuarios e valor relegándoo a unha función sentimental, folclórico e mesmo relegado a unha situación pseudomuseística. O problema é cando as institucións políticas, culturais e lingüísticas ignoran e esconden debates nos que nos xogamos o futuro da lingua, a economía e as posiblidades de progreso.
Que medo hai a abordar campos de posibilidades que atinxen máis de 200 millóns de falantes cando o galego vive pechado nun ámbito de 2.700.000 cidadáns, perdendo poboación e cos máis vellos, tamén,  galegos monolingües? Cal é o problema para adoptar e convivir cunha segunda grafía (tamén oficial) que abra portas directamente a cinco continentes co quinto idioma máis falado do mundo? Quen dixo medo a facilitar mercados en países tan lonxanos como Brasil, Macao, Angola, Mozambique…e mesmo con un idioma oficial da UE? E quén pode obviar o importante mercado cultural, turístico e a historia común a través do idioma con tantos cidadáns no mundo?
Só os intereses políticos de curto percorrido e as mentes cativas poden defender o reducionismo e o camiño do suicidio idiomático, as mensaxes confusas dirixidas a meter medo a medrar e sentirnos máis orgullos@s de ser galeg@s e cidadáns do mundo, a medrar en riqueza e cultura.
A nosa relación co lusismo debe deixar de ser testemuñal, para actos entre veciños e pasar a convertirnos en irmáns en convivencia, deixar de lado complexos e estereotipos e crer nas posibilidades que se nos abren para os nosos fillos e para o país coa dupla normativa. Ninguén nos vai indicar como temos que falar nun idioma tan rico e diverso como o noso, máis grafar ademáis do galego normativo, para adiante, nunha grafía tamén oficial na norma portuguesa, fará de Galiza unha pequena potencia. Que non nos enterren con mentiras: O FUTURO É AGORA!!

Autor: Antón Manuel Tenreiro Ferriro (Antón de Guizán)

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com