Blanco: “Cs preséntase para loitar contra a corrupción, o despilfarro e o abandono da provincia”

O candidato ao Congreso de Cidadáns pola provincia de Lugo, José Manuel Blanco, presentou a súa candidatura acompañado do doutor Franscico Pintado, que lle seguirá como número dous na lista, e de Olga Louzao, voceira do Grupo Municipal CsLugo.

O lugar escollido foi a praza de abastos da capital luguesa polo seu “triplo simbolismo”: representa o abandono por parte do PSOE local e provincial desta instalación; o malgasto dos fondos públicos ao gastarse mais de 1 millón de euros no edificio e nin sequera estar acabado, mentres pensaban en facer unha cuberta en Quiroga Ballesteros por 700.000 euros; e o símbolo da corrupción, ao ser adxudicada a unha empresa que estaba investigada por temas de corrupción en Madrid, xa que foi anulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o que obrigou ao Concello a volver a iniciar o proceso de contratación.

“Estas son as cousas polas que Cidadáns veu á política: para acabar coa corrupción, xestionar de forma eficiente os fondos públicos e buscar solucións reais que dinamicen a economía”, considerou Olga Louzao, voceira de Ciudadanos Lugo. “Tamén escollimos este sitio ao ser un lugar vinculado ao agro, ao facerse aquí o mercado dos martes e venres”, opinou a voceira.

José Manuel Blanco tamén quixo representar a unión da agrupación con Galicia poñendo un paraugas ao lado do logotipo de Cs en “referencia aos Pelúdez e como símbolo de Lugo” e cunha pranta laranxa na mesa para aludir ao crecemento da formación na provincia de Lugo.

Blanco destacou a presencia do doutor Francisco Pintado como número dous ao Congreso, “é un profesional de recoñecido prestixio procedente da sociedade civil e que representa a sanidade e a educación, as grandes preocupacións de Cs”. Pintado explicou que leva 32 anos vivindo en Burela e traballando no Hospital Público da Mariña, onde é xefe de anestesioloxía. Nunca participou na política, pero decidiu unirse a Ciudadanos pola ilusión que lle espertou este proxecto.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Mari Dominguez
    Abr 04, 2019 - 09:55 PM

    Mi madre.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com