Esta semana estréanse nos Codex Cinema a produción chilena “Blanquita” do director Fernando Guzzoni. “Blanquita” é un drama que mestura elementos de xénero, a vaidade, a manipulación e a explotación.
Sinopse: Blanquita, unha moza de 18 anos que vive nunha casa de acollida, é a testemuña clave dun escándalo no cal están implicados nenos, políticos e homes ricos que participan en festas sexuais . Porén, cantas máis preguntas se fan, menos claro queda cal é o papel de Blanquita no escándalo.
A outra estrea da semana é o filme “A quietude na treboada” de Alberto Gastesi. Unha película rodada en San Sebastián, fotoxénica que tamén ten algo de retrato xeracional. Un retrato dunha cidade, Donostia, unha xeración e dous idiomas que se poden escoitar nas súas rúas.
Sinopse: Laura e Daniel coñecéranse un día de tormenta da que pouco queda. Entón eran mozos e apaixonados, o futuro parecía un país afastado cheo de oportunidades. Anos despois, os seus camiños volven cruzarse, outra tormenta, a mesma cidade, pero xa non son os mesmos, as circunstancias son outras …
Toda a programación en: www.codexcinema.info