BLOQUEAR

Para os rapaces é doado entender o que significa “bloquear”, termo que manexan coa soltura do cotián, pero para os maiores é máis complexo.
Cando apareceu o B.N.G., entre os mozos era habitual o de “Bota bloque!” que se supoñía aviso entre albaneis para subministrar material de construción, para xogar coa semellanza fónica da petición do voto para a nova formación política.
Secular resulta chamar “bloqueo” aos asedios, cercos ou obstrucións, e de que os paises de similar ideoloxía imperante ou identidade xeográfica conformen bloques para confrontar pacíficamente ou polas bravas as súas diferencias cos do signo contrario. Se “bloquear” na actualidade segue a significar cortar o paso no mundo real, tamén é asì na vida virtual na que todos nos mergullamos con ansia, e na que esta correspondencia ás veces resulta potenciada pola tecnoloxía.

Na vida real non se me ocorrería cortarlle o paso a ninguén, asediar ou cercar, mentras que o bloqueo virtual non produce sensación de propasarse cando se trata de chamadas indeseadas, inoportunas e, ás veces, intempestivas.

Levo trinta anos manexando rudimentariamente o móbil, ampliando pouco a pouco o uso das súas capacidades técnicas, e nunca ata agora bloqueara a ninguén. Xa teño o primeiro bloqueado no teléfono e no wassap, e a sensación ao principio foi extraña, pero logo produce a tranquilidade do fío ao fin cortado, de romper cun contacto que se sabe non vai ter nada fructífero. E como a vida diaria proporciona centos de fiestras ás que asomarse e ver o sol ou disfrutar do aire, pechar unha que nunca sabes o que vas ver, se é un mal, é un mal menor.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com