BNG-AA non desvela se entrará no goberno local

Representantes do BNG – Asambleas Abertas mantiveron na tarde de hoxe unha xuntanza coa comisión negociadora nomeada polo Partido Socialista. Esta xutanza é a primeira que se celebra entre as dúas forzas políticas despois do pleno de investidura, e tras un encontro informal que os ediles nacionalistas tiveron na mañá de hoxe coa Alcaldesa de Lugo.

Na xuntanza, que transcurriu nun tono de cordialidade, participaron os dous ediles do BNG – AA, Rubén Arroxo e Maite Ferreiro, e o resonsable local do BNG, Alexandre Penas. O encontro tivo por finalidade analizar as posibilidades de gobernabilidade do concello, aínda que polo de agora os nacionalistas seguen sen desvelar se formarán parte do goberno local.

Para os nacionalistas é unha prioridade acometer “unha reforma no funcionamento dos servizos sociais municipais que se encontran colapsados”. Ademais os ediles do BNG – Asambleas plantexaron que “hai que desbloquear determinados asuntos que Orozco se empeñou en non facer por que eran propostas do BNG como a zona de baño fluvial e os hortos urbáns”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com