O BNG-AA propón reubicar a cabina que ocupa a beirarrúa de Ramón Ferreiro coa rúa Vilalba

O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, solicitará que o Concello faga as negociacións necesarias coa compañía telefónica correspondente para cambiar a ubicación da cabina situada no enlace da rúa Vilalba con Ramón Ferreiro. Arroxo explicou que “este elemento está situado nun lugar de paso dos máis concorridos da cidade e ademais dificulta a visión de automobilistas que circulan pola rúa Vilalba”. Para o BNG, “trátase dunha sinxela xestión que pode mellorar unha das zonas máis concurridas da cidade”.

A cabina podería situarse, segundo indican os nacionalistas, nalgunha das zonas peonís do entorno onde non dificulte o paso de persoas nin supoña un perigo para o tráfico. Arroxo lembrou que “tanto a rúa Bispo Aguirre, como a praza da Horta do Seminario, como a mediana de Ramón Ferreiro ou da avenida dos Tilos son lugares nos que se podería recolocar a instalación da cabina telefónica”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com