O BNG-AA propón unha campaña para evitar as bolsas con excrementos na Muralla

O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, propuxo iniciar, dende o concello, unha campaña para evitar a presenza de bolsas con excrementos caninos no adarve da Muralla. Arroxo explicou que “agora mesmo, ante a carencia de papeleiras, as persoas que recollen os excrementos deixan as bolsas depositadas no chan e a empresa de limpeza recolle as bolsas” e sinalou que “dende que as bolsas quedan depositadas no chan do adarve ata que son recollidas pasa un tempo no que a imaxe do noso monumento Patrimonio da Humanidade deixa bastante que desexar”.

Rubén Arroxo dixo que “bastantes visitantes teñen manifestado a súa estrañeza ao ver a muralla chea de bolsas con excrementos e entendemos que o BNG toma a iniciativa, unha vez máis, para que Lugo avance e se mellore o aspecto do monumento”. Arroxo pediu que se inicie unha campaña de “sensibilización” para que a xente que xa recolle en bolsas os excrementos dos cans non deixe as bolsas na muralla “entendemos que non ten que ser unha campaña sancionadora e sabemos que moitas persoas que son donas de cans xa teñen unha alta sensibilidade con este tema, agora unicamente hai que poñer os medios para mellorar o que xa é unha boa práctica social”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com