BNG-Asambleas Abertas incide na necesidade de facer un plan especial para determinados barrios da cidade

Nunha visita ao barrio Feixoo o candidato do BNG – Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, anunciou un Plan Especial de Atención aos Barrios da cidade. Arroxo fixo fincapé na necesidade de manter as dotacións públicas que teñen os barrios e tamén de coidar a limpeza dos mesmos.

Rubén Arroxo explicou que dentro do Plan Especial de Atención aos Barrios farase un mantemento de bancos e papeleiras, efectuarase o desbrozado da maleza que invade as beirarrúas, arranxaranse os desperfectos nos bordillos, haberá mantemento das marquesiñas e tamén se planificarán programas de desratización onde sexa preciso. Outras das intervencións anunciadas por Arroxo foi “a especial atención ao mantemento e limpeza das áreas de xogo infantil e a supresión de barreiras arquitectónicas”.

Para a candidatura do BNG – Asambleas Abertas os barrios periféricos teñen que ter as atencións necesarias. Arroxo afirmou que “pódense facer moitas actuacións sen grandes gastos que melloran a calidade de vida das persoas” e engadiu que “se investen demasiados cartos nas grandes obras e nas empresas adxudicatarias do que foron servizos municipais, pero non hai preocupación por resolver o que de verdade lles preocupa a veciños e veciñas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com