BNG e PSOE continúan esta tarde coas negociacións para acadar un bipartito

Continúan esta tarde as conversas entre o Bloque Nacionalista Galego e o Partido Socialista para explorar a posibilidade de chegar a un acordo de goberno no Concello de Lugo.

Na xuntanza de onte que tivo lugar, unha vez máis, no salón de comisións do concello de Lugo, serviulle aos dous grupos para avanzar en varios puntos así como para definir responsabilidades sobre dúas das áreas.  Arroxo confirmou que a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua estará baixo a responsabilidade do BNG, mentres que a área de Benestar correrá a cargo dos socialistas.

As negociacións continuarán esta semana, se non se dan hoxe por finalizadas, xa que o sábado a partires das 10 da mañá se constituirá a nova corporación municipal.

Outros concellos

Mentres tanto, noutros concellos, continúan tamén a apurar os catro últimos días de negociacións antes de nomear, o día 15, ao goberno definitivo. 15 concellos en vilo pero, 2 deles, no que se amplía o prazo despois de ter presentado algún grupo recursos polo contencioso electoral que deberán ser estudiados polo Tribunal superior de Xustiza de Galicia. É o caso de Monterroso, no que o PSOE está pendente de que o Tribunal decida sobre un voto nulo; e o de Burela, onde Galicia Sempre intenta gañar o voto que lle daría representación en detrimento dun dos tres que agora ten o BNG.

Na Fonsagrada, O Corgo, Sarria e Barreiros, parece que as coalicións e os apoios amósanse complicados e dependerá todo das diferentes agrupacións locais.

Deputación

Pola súa banda, na Deputación non poderá formarse goberno ata que non estean elixidos os dirixentes de todos os concellos. De todos os xeitos, as vistas continúan postas na liorta interna do PSOE, despois de que José Tomé, candidato socialista en Monforte, se postulase para ocupar a presidencia do executivo provincial en caso de chegar a acordo co BNG. O monfortino conta xa co visto e prace de preto do 70% dos ediles do seu partido xudicial o que lle asegura a entrada na corporación provincial, un paso chave para presidir a institución.  En todo caso, a decisión final non se saberá ata que a comisión federal de listas do partido non se pronuncie sobre o informe da executiva galega.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com