O parlamentario do BNG – Asembleas Abertas, Cosme Pombo, achegouse esta mañá á parroquia de Nadela xunto co voceiro municipal desta mesma forza política, Rubén Arroxo, e mais a concelleira Maite Ferreiro.
Reunidos coa veciñanza analizaron “a falta de previsión da Xunta de Galiza para cubrir as vacacións do médico que atende este centro”, polo que o BNG – AA presentará unha iniciativa no Parlamento de Galicia para solucionar este problema.
“Queremos que esta praza se cubra e que non ocurra o mesmo que o ano pasado en Nadela e en moitos centros de saúde doutros municipios da provincia, cando a Xunta decide non contratar a outro especialista que cubra as vacacións do médico titular. Os veciños destes municipios non son cidadáns de segunda, e por eso esiximos que teñan a mesma atención sanitaria e de calidade que os demáis, e está claro que durante o verán teñen que ter o mesmo dereito a ser atendidos”, sinalou Cosme Pombo.