O BNG preguntará pola venta de alcohol nas instalacións deportivas do concello

O BNG presentará unha serie de preguntas ao goberno municipal para que se aclare “se nas instalacións deportivas municipais se está incumprindo a lexislación vixente no relativo á venta de alcohol”. Arroxo lembrou que “a Lei do Deporte é clara a este respecto e é unha responsabilidade do concello vixiar o seu cumprimento”. O artigo 150 da Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia recolle que “queda prohibido nas instalacións nas que se realicen competicións deportivas, a introdución venta e consumo de toda clase de bebidas alcohólicas e de drogas tóxicas, estupefacientes ou substancias psicotrópicas”. 

O BNG pedirá que se aclare se o goberno municipal ten información sobre a venta de bebidas alcohólicas nas instalacións municipais. “Tamén preguntaremos se, en algunha ocasión, o goberno municipal tomou medidas a este respecto e cal é a información da que dispoñen” dixo Arroxo que lembrou que a Lei tamén indica que é competencia dos concellos velar polo cumprimento das mesma. Para o BNG o concello debería establecer mecanismos de control e inspección para saber o que ocorre nas instalacións deportivas e tomar as medidas necesarias.

Arroxo lembrou que “a responsabilidade é do goberno municipal e o concelleiro de deportes, que é o voceiro do PSOE e man dereita da alcaldesa, debería estar enterado do que sucede nas instalacións municipais por que el é o responsable de todo o que alí ocorre”.  O BNG tamén preguntará polo tipo de inspeccións que se están a facer dende o concello e se está previsto poñer en marcha algún tipo de control sobre a xestión que se está a facer das instalacións municipais ademais, dixo Arroxo, “tamén lle preguntaremos ao concelleiro de Deportes se considera necesario revisar os convenios que rexen a cesión dos campos por que foron asinados no século pasado e case ninguén da actual corporación estabamos no concello naquel momento”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com