O BNG preguntará polas agresións protagonizadas por condutores dos autobuses urbanos

O BNG-AA presentará unha serie de preguntas ao goberno local tras a suposta agresión que sufriu un ciclista por parte dun condutor do transporte público urbano. “Entendemos que a empresa adxudicataria terá que dar as debidas explicacións por que xa é a segunda vez que suceden episodios deste tipo en pouco máis dun ano”, dixo Arroxo que se referiu a unha liorta acontecida no mes de xaneiro de 2017 entre un condutor do bus urbano e dous ocupantes dunha furgoneta. Naquel momento o escenario foi a incorporación da Rúa Vilalba á Avenida Ramón Ferreiro e o condutor, segundo se anunciou naquel momento, fora apartado do servizo. 

Rubén Arroxo informou “preguntaremos ao goberno municipal se as persoas que traballan conducindo os autobuses están cumprindo os horarios regulamentarios e se están sometidas a niveis de estres que levan á este tipo de sucesos”, ademais “queremos saber cales son os controis que fai o goberno municipal sobre o funcionamento deste servizo público”. 

Para o BNG, non é normal que sucedan estas cousas cando “teoricamente o goberno está apoiando as propostas encamiñadas ao calmado do tráfico, a peonalización e o uso da bicicleta”. Rubén Arroxo sinalou que “o concello ten que ter e exercer control sobre as empresas concesionarias dos servizos públicos municipais” e engadiu “non é de recibo que esta sexa a imaxe do servizo público de transporte de Lugo e o goberno terá que tomar medidas”.

Arroxo lembrou que o goberno municipal segue sen dar información sobre as condicións da nova concesión nin sobre as novas liñas que están previstas. O BNG xa presentou en numerosas ocasións iniciativas para que o goberno dea explicacións sobre as condicións da empresa adxudicataria. O BNG continuará coa campaña do Carpa-Bus para recoller propostas e dununciar o secretismo ao que o goberno do PSOE ten sometido todo este asunto da concesión do servizo municipal de transporte.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com