O BNG-AA propón que se aproveiten as obras de pavimentación que se están levando a cabo na zona da Tinería para controlar o estacionamento e tránsito de vehículos. “Pódense instalar sistemas que impidan o tránsito e estacionamento de vehículos na zona e manter o caracter peonil do barrio”, sinalou Rubén Arroxo.
Co control do paso e estacionamento de vehículos evitarase, tamén, o deterioro do paviemento de granito que se está a instalar. Neste momento algúns condutores aproveitan os espazos da Tinería para estacionar vehículos de xeito irregular. Veciños e veciñas da zona concordan con esta iniciativa do BNG-AA que contribuirá a mellorar o aspecto dun dos barrios da cidade.