Boeing escolle Lugo para poñer en marcha o proxecto educativo Aeroespacial ‘Aulas Newton’

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe en Lugo á presentación do proxecto Aula Newton, unha iniciativa educativa elaborada por Boeing coa axuda de First Scandinavia –coa representación neste acto de presentación do director xeral europeo de Investigación e Tecnoloxía de Boeing, José Enrique Román – e na que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do concello de Lugo.

Este proxecto pioneiro busca fomentar o coñecemento científico-tecnolóxico entre os máis novos, centrando o seu programa na mellora das habilidades en materias STEM e apostando polo desenvolvemento académico e pola especialización técnica, con especial atención ao ámbito aeroespacial.

A aula, situada na Praza da Horta do Seminario, poderá visitarse a partir do vindeiro 21 de outubro e ata o 10 de novembro, e complementará así a formación de máis de 550 alumnos de Educación Secundaria da comarca. O programa contará con 26 sesións en total, das que xa hai 22 cubertas, con 12 centros educativos xa rexistrados. De feito estudantes e docentes teñen a oportunidade de coñecer a Aula Newton de luns a venres, mentres que estará aberta ao público en xeral os sábados, domingos e festivos. “Os alumnos poderán recibir unha forma completamente diferente de aprendizaxe”, apuntou Conde.

As aulas Newton, concebidas por Boeing e First Scandinavia, están inspiradas polo concepto innovador da aula descentralizada, composta por un espazo móbil e dotado de simuladores e voo e depósitos expansibles. Estas aulas visitarán agora outros 9 países europeos, sendo a primeira aula móbil que se pon en marcha.

Conde aplaudiu esta fórmula didáctica innovadora, que mellorará as habilidades lectivas dos asistentes, ofrecendo unha formación máis especializada que permita a diversificación, e preparando con garantías de éxito o futura acceso dos alumnos e alumnas ao mercado laboral unha vez rematen os seus estudos Ademais, celebrou o éxito dunha iniciativa que nace do traballo conxunto da iniciativa pública e privada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com