O Concello de Lugo comeza a tramitación dos expedientes do Plan Reanima cando quedan 11 días para finalizar o prazo de presentación de solicitudes.
Un programa de subvencións, dotado con 5 millóns de euros, destinado a pemes, autónomos e familias lucenses que o goberno deseñou o primeiro día oficial de Estado de Alarma e que, dende as últimas semanas, está a concentrar o labor de máis de 20 funcionarios traballando en exclusiva en dito programa.
A alcadesa, Lara Méndez, sinalaou que “ao Rexistro veñen de incorporarse 5 traballadoras e traballadores de Participación Cidadá (1), Persoal (1), Negociado de Policía (2) e Estatística (1), duplicando deste xeito o número de efectivos encargados de recepcionar as solicitudes da poboación, pasando de 5 a 10”.
E no que acontece no CEI – Nodus outras 13 persoas abordan o estudo de toda a documentación. Artellados por unha coordinadora xeral, subdivíronse en dous grupos. Así, o primeiro deles, composto por catro persoas (unha técnica medio de xestión e tres auxiliares administrativas, 2 delas procedentes de Facenda Local), centra a súa actividade no envorcado da información e na apertura de expedientes; ata a data 1.779.
“Con todos estes expedientes creados, o resto de compañeiros de Desenvolvemento Local e Emprego – concellería que dirixe o edil Mauricio Repetto – estudan e avalían as peticións da cidadanía. Unha tarefa da que se encargan dous funcionarios de carreira, expertos en asesoramento a emprendedores e xestión de subvencións, dúas orientadoras laborais, una administrativa que provén da área de Fomento e na que colaboran, ademais, outras tres persoas”, concluíu Méndez.