Burela adhírese á campaña ‘En negro’ contra a violencia de xénero

O Concello burelés ven de adherirse á iniciativa En negro, co obxectivo de tinguir de negro a vila, os seus escaparates, ou a roupa de traballo en sinal de dor por todas as mulleres vítimas da violencia machista. Para preparar esta campaña a Concellería de Muller convoca unha xuntanza, que terá lugar mañá venres, 3 de novembro, ás 20:30 horas no Concello.

Patricia Otero subliñou hoxe que “nos acabamos de adherir á iniciativa En negro, campaña de sensibilización que puxo en marcha o Concello de Santiago de Compostela no ano 2015 co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, campaña na que se implicaron arredor de 300 establecementos comerciais e axentes sociais do municipio, que se converteron en embaixadores da mesma (http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/)”.

A edil socialista engade que “a acción consistiu e consistirá en tinguir de negro as cidades e as vilas a través dos escaparates, os manequíns, a roupa de traballo; vestir loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte. Burela en negro, pretende vestir de loito o noso pobo, en sinal de dor por todas as mulleres que son vítimas de violencia. Porque consideramos que os establecementos comerciais e hostaleiros e as empresas, tedes o protagonismo das rúas de Burela, e sodes o gran escaparate que pode transmitir á cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade: queremos unha Burela libre de violencia!”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com