Burela cancela a Feira Náutico Pesqueira Expomar

O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, anunciou que en maio deste ano non se celebrará unha nova edición da Feira Náutico Pesqueira, debido á situación sanitaria producida polo virus da Covid19. A Fundación manterá, eso si, as Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial, que se desenvolverán de xeito telemático.

Alfredo Llano, tras a xuntanza que mantivo nas últimas horas a Fundación Expomar, explicou que “a nosa conclusión unánime é que no mes de maio é imposible facer nin a Feira Expomar nin calquera outro evento que requira gran movemento de material e de persoas que teñen que estar nun recinto. Polo tanto, en principio decidimos non convocar a ninguén para a Feira Expomar deste ano. Imos observar como vai a seguridade sanitaria, como vai evolucionando todo pero, evidentemente, se vemos que non hai seguridade e pode repercutir negativamente na celebración dunha Feira Expomar de baixo nivel non a imos facer. Iremos tomando as decisións correspondentes a medida que pase o tempo”.

O alcalde burelés subliñou que “queremos que o sector náutico pesqueiro sexa protagonista e estea sempre aí. Polo tanto, imos manter as Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial no mes de maio. Será seguramente de xeito telemático e miraremos os mellores temas e os mellores profesionais para participar nas conferencias onde analizar a situación do sector porque realmente é algo que preocupa. Tamén procuraremos contar coa celebración unha vez máis do Consello de Pesca de Galicia”.

O presidente da Fundación Expomar dixo que “unha vez que pase a Semana Santa volveremos xuntarnos con propostas para facer unhas Xornadas Técnicas coa xente máis implicada. Iremos observando como evoluciona todo no seu conxunto,e veremos como é posible facer, xa que hai outras feiras que tamén se están anulando, e iremos entón tomando decisións. Evidentemente, agora tal e como están as cousas, é moi complexo tomar algunha decisión en firme, pero temos un interese total polo sector náutico pesqueiro e desde a Fundación Expomar queremos facer o máximo posible para que o sector estea ben representado”.


Imaxe: Presentación da Expomar 2018 (Arquivo)

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com