Burela presenta a súa Feira de Antigüidades con expositores internacionais

A Concellería de Cultura do Concello de Burela presentaba esta mañá unha nova edición de Feira de Antigüidades, que se celebrará os días 28, 29 e 30 deste mes de xullo, no pavillón dos institutos. A feira contará con 18 expositores chegados de lugares como Toledo ou Salamanca, e incluso algún de Francia.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “esta feira está organizada por Antigüedades César de A Pontenova, que é o mesmo organizador da propia feira no concello da Pontenova e que xa ten moito arraigo e é moi coñecida a nivel provincial e autonómico”.

O edil burelés lembrou que “o ano pasado recuperamos esta feira, despois de varios anos que facía que se deixara de facer. Parécenos un evento que xa que temos a oportunidade de facelo, hai que apostar por el porque é una feira onde hai venta de produtos, de antigüidades e de obxectos de colecionismo. Pero tamen serve como pequeno museo de moitísimas pezas antigas con procedencia de moitos países do mundo, de diferentes culturas, de diferentes tradicións tanto en escultura como en pintura e en obxectos de colecionismo”.

O concelleiro socialista salientou que “volvemos a apostar por apoiar esta feira polo resultado acadado o ano pasado, con case 1.500 visitas durante os tres días que tuvemos”. José Díaz declarou que “as datas sufren unha pequena variación. O ano pasado fora unha semana antes e agora imos a este último fin de semana que coincide coa Romería do Monte Castelo; non nos parece que sexan dous eventos que teñan por que influeirse un ao outro, senón todo o contrario, os dous serven para incentivarse mutuamente”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com