Burela tivo o seu oco no Encontro Internacional de Alfombristas de Bueu

Burela estivo presente esta pasada fin de semana no Encontro Internacional de Alfombristas que se celebrou en Bueu. O concelleiro de turismo burelés, Ramiro Fernández Rey, foi convidado pola asociación que realiza as alfombras florais en Burela a asistir a esta cita e fixo un balance moi positivo pola promoción que isto supón para a localidade. O  edil burelés comentou que “esta pasada fin de semana tiven o inmenso pracer e o orgullo de que fun invitado por membros da asociación das alfombras florais de Burela a acompañalos nun Encontro Internacional de Alfombristas  que houbo en Bueu”.

Fernández Rey subliñou que “pasamos alí unha fin de semana moi agradable. Fomos moi ben atendidos polas autoridades e a organización deste encontro. Burela, como sempre, quedou perfectamente representada, quedamos á altura das circunstancias aínda que é verdade que había alfombras de moitísima calidade. Había xente de Cataluña, de Italia, de Tenerife… é dicir foi un encontro que lucía moitísimo os traballos alí feitos”.

O concelleiro de Turismo quixo “agradecer a esta representación das alfombras de Burela que me invitaran a poder acompañalos a este encontro e animalos a seguir con este traballo que fan, porque é un traballo de divulgación de Burela cando participan nestes actos. Darlles a noraboa polo excelente traballo que fixeron alí con esa alfombra na que se representaba todo o que é Burela, representábase o bonito, a pesca e tamén o torques. Agradecer a invitación e chamalos a seguir participando nestes encontros nos que poñen o nome de Burela máis no mapa, se cabe”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com