A Garda Civil de Sarria vén de activar un operativo de búsqueda despois de que unha veciña de Sarria e exedil do municipio desaparecera na mañá de onte, día 14 de novembro. Ana Arias fora concelleira do PSOE na localidade entre 2003 e 2011.
A desaparición da muller acusouse ao non aparecer no seu posto de traballo. A pista perdeuse tras abandonar o seu domicilio. Os axentes xa falaron co seu entorno máis achegado para recabar información que posibilite atopar á muller.
No operativo traballan axentes da unidade de seguridade cidadá e da agrupación de Tráfico da Garda Civil. Asemade, a Benemérita requeriu apoio aéreo e guias caninos.