Continúa a busca en Ferreira de Pantón de Alejandro Carballude, o home de 37 anos desaparecido o pasado martes neste concello lucense. O desaparecido vivía coa súa nai no concello de Monforte e acababa de separarse da súa muller fai dous meses, coa que tiña unha filla en común; algo que segundo o seu irmán “puido ser unha das cuestións que motivou a súa desparición”.
A súa familia soubo del por última vez o pasado martes, cando Alejandro Carballude enviou unha mensaxe “que os puxo en alerta”. Posteriormente, acudiron ao domicilio familiar onde non o atoparon, polo que procederon a presentar unha denuncia.
Na súa busca participa un can experto en desaparicións chegado dende Ourense, aínda que hoxe está previsto que se desprace un técnico dende Madrid para acoutar máis a zona de busca.