Caballero afirma que o partido co Almería será duro

Un dos protagonistas da semana, Pablo Caballero, pasou pola sala de prensa do Anxo Carro para analizar a actualidade do equipo e o seu momento persoal tras a súa recente renovación. Apunta que apura as súas opcións para chegar en óptimas condicións ao choque co UD Almería esta fin de semana, asegura sentirse feliz coa prolongación da súa estancia na cidade amurallada e confía en poder disputar o partido deste domingo ante os andaluces. Sabe que se trata dun partido complicado, pero confía no crecemento que o equipo está a mostrar en casa e tamén a domicilio para lograr o triunfo:

“Estou ben, tiven unha contractura, pero estou a seguir os pasos para  recuperarme. A idea é chegar para o domingo, todo pasa por poñerme ben, iso é o primeiro, sempre apuntando a chegar para o próximo partido. A clave é que haxa un equipo, sen importar quen xogue, que non se noten as baixas nin os cambios. Somos moitos que temos que remar na mesma dirección. Ao que lle toque xogar, que o faga ben. Tratamos de traballar da mesma maneira. Vén xente nova con novas liñas, e nós axustámonos”.

“Vai ser un partido duro, aínda que eles tamén saben que veñen á nosa casa, e que aquí non lles vai a resultar fácil. A UD Almería é un dos mellores conxuntos da categoría, reforzouse moi ben. A priori é a figura, pero nós imos ao noso, firmes para seguir sumando”, concluíu Caballero.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com