Caballero: “Nas eleccións xogarémonos dous modelos de país distintos”

O Secretario Xeral do PSdeG en Galicia, Gonzalo Caballero, estivo hoxe en Lugo para presentar aos candidatos a representar á provincia no Congreso e no Senado nas vindeiras eleccións xerais. Caballero, que estivo acompañado polos propios candidatos así como polo Presidente da Deputación, Darío Campos, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Secretario Xeral provincial dos socialistas, Álvaro Santos, asegurou que os candidatos forman un equipo “competente, preparado e comprometido”, e cun programa co que poder facer fronte “ás tres papeletas distintas que protagoniza José María Aznar” e que serían, segundo o socialista, as da “dereita que virou hacia a ultradereita”.

Caballero resaltaba así o momento “moi importante” para o país no que os electores “ímonos xogar dous modelos de país distintos”. Un, deixábao craro, o da “ultradereita”, o outro, un “proxecto de país, de avance”, o liderado por Pedro Sánchez. Un programa do que resaltou os avances realizados, “de prioridade social”.

Avances que exemplificou coa baixada do paro, o aumento dos contratos indefinidos e a suba das pensións ou do Salario Mínimo Interprofesional, entre outras cousas; e que poderían estar “en risco” se os grupos da dereita “consiguen dar un susto coma o que protagonizaron en Andalucía nas últimas eleccións autonómicas”.

Ante a realidade que expuxo o socialista, presentou ao equipo que representará á provincia de Lugo no Congreso e no Senado. Encabezando a lista da cámara baixa, Ana Prieto, actual responsable da área de Economía e Emprego no Concello de Lugo; de número dous, a deputada de Benestar Social, Sonsoles López Izquierdo; Javier Cerqueiro e Dani Castro (Xuventudes Socialistas) serán os encargados de pechar esta lista.

Para o Senado, Gonzalo Caballero presentou ao cabeza de lista, César Mogo, actual Director de Asuntos Institucionais no Goberno de Pedro Sánchez. Acompañaráno, a deputada provincial, Pilar García Porto e José Luis Raposo.

Un equipo, tanto o do Congreso como o do Senado, que representa, segundo o Secretario Xeral Socialista, a “diversidade e pluralidade da sociedade da provincia de Lugo, unha esfera máis urbana e máis do medio rural”.

“Todo o Partido Socialista vai poñer toda a carne no asador nunhas eleccións xerais fundamentais nas que imos ter unha campaña intensa en cada Concello”, recoñeceu Caballero quen concluíu avanzando que por Lugo pasarán tanto membros da dirección federal como do Consello de Ministros para “permitir que este Partido Socialista en Lugo acade mellores resultados, se cabe, que hai catro anos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com