Caballero pide o voto para os socialistas

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe, no primeiro día de campaña, a cidade de Lugo en compañía da ministra de Economía, Nadia Calviño; a alcaldesa, Lara Méndez; e o presidente da Deputación, José Tomé. Dende alí, apelou a “unha mobilización masiva para encher as urnas de votos” e sinalou a “todos os progresistas de Galicia” que “o voto útil para seguir progresando é o voto ao PSOE”.

“É o voto que frea ás dereitas e á ultradereita, o voto que garante a suba das pensións, a suba dos salarios dos traballadores públicos, a suba do salario mínimo e os fondos para os servizos públicos, o voto que defende a igualdade de dereitos entre homes e mulleres”, remarcou o líder dos socialistas galegos, quen contrastou esta posición coa do PP de Casado.

Segundo Caballero a política do PP de Casado “representa un programa retrógrado e conservador e representa unha estratexia política que está orientada, no plano ideolóxico, pola ultradereita e pola dereita máis rancia”, e  fixo fincapé en que “o voto que lle interesa a Galicia é o voto ao PSOE”.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Nov 02, 2019 - 04:06 PM

    E a que veñen?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com