Cae ao río Moreda, en Taboada, un camión cisterna con 12 MIL litros de leite. Por causas que aínda se descoñecen o vehículo saíuse da vía. O condutor resultou ferido e foi trasladado ao hospital por unha ambulancia de Urxencias Médicas.
Ademais, como consecuencia do impacto, parte da carga do camión, uns 12.000 litros de leite, derramáronse polo río. A posición na que quedou o vehículo está a complicar os labores dos servizos de emerxencias, que tratan de deter a mancha.
A cisterna componse de tres depósitos, que están cheos de leite. Efectivos de emerxencias Conseguiron transvasar o contido dun, pero os outros dous terán que retiralos cheos.
Ata o lugar do sinistro acudiron os bombeiros de Chantada, membros do GES de Monterroso, e ás forzas da orde. Igualmente, avisouse ás autoridades medioambientais da Xunta de Galicia e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Os medios continúan traballando no lugar do accidente.