Produciuse un accidente en Becerreá que provocou a caída dunha furgoneta ao patio dun edificio.
Sucedeu sobre as oito da tarde de onte na Rúa Carlos III do municipio lugués e ata alí desprazouse un equipo médico, que atendeu ao ocupante do vehículo ferido de diversa consideración.
Desde o 112, enviouse aviso aos bombeiros de Sarria, así como aos membros do GES de Becerreá, que confirmaron que o ferido estaba liberado e accesible e, polo, tanto non precisaba dos medios de excarceración para saír do vehículo sinistrado.