Os feitos sucederon na rotonda da LU-541 que enlaza coa A-6 no punto quilométrico 510. Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, unha das portas laterais do vehículo cedeu e un bidón caeu na rotonda e o outro nunha leira próxima.
Para asegurar as condicións de seguridade na zona, ata o lugar acudiron os Bombeiros de Vilalba, que controlaron a emisión de gases procedentes dos recipientes. Unha vez realizada esta intervención e a limpeza da vía de circulación, levouse a cabo o transvasamento da mercancía.
O 112 Galicia tivo coñecemento da situación a través do propio condutor do camión, uns minutos despois das 12:30 horas.
Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a mobilización da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e do servizo de mantemento da estrada.