Caen os contaxios nun martes no que a UCI do Hula suma un paciente covid

12 contaxios menos que na xornada do domingo. Así o revela o último informe do SERGAS con datos recompilados ata as 6 da tarde de onte e que cifra en 4 os positivos detectados durante a xornada do luns. Se ben é certo que a principios de semana tenden a baixar os contaxios, tamén hai que ter en conta que non é habitual un descenso tan importante. Por exemplo, hai tan só unha semana se rexistraban o luns 10 positivos, fronte aos 11 do domingo. 

E, como non podía ser doutra forma, o descenso de contaxios ven acompañado dunha baixada, eso si, moi leve do número de casos activos. Así, nas últimas horas o SERGAS contabilizaba 203 infeccións activas na provincia, fronte ás 205 informadas onte. As cifras amosan que, polo momento, Lugo continúa nunha situación de estabilidade, que se reflexa tamén na presión asistencial. 

O número de hospitalizados vén sendo moi semellante dende as últimas tres semanas. Cifras baixas que andan en torno aos 12 pacientes covid, coma os que hoxe se rexistran na provincia. A gran maioría deles, 8, permancen en plantas de hospitalización, 4 no HULA, 3 no Hospital da Costa e un no de Monforte. Os catro pacientes restantes están a recuperarse na UCI do HULA que hoxe sumaba un paciente.

No tocante ás altas médicas, dende o comezo da crise sanitaria, hai máis dun ano, a provincia de Lugo rexistrou un total de 12.292 contaxiados dos que 11872 xa poden dicir que superaron a enfermidade, dez máis que no día de onte.  Pola contra 212 persoas faleceron na nosa provincia dende o inicio da pandemia.

Incidencias por Concellos

E por concellos, Meira e Trabada, que se atopan no nivel medio de restricións dende o pasado venres, son os únicos municipios da provincia que superan os 500 casos por cada cen mil habitantes a catorce días. Sitúanse así como as localidades da área sanitaria con peores datos e que poderían subir un escalafón no nivel de limitacións. Así, no nivel alto hoxe tan só se atopa Barreiros, tamén dende o venres, e que conta cunha incidencia acumulada de 376 por cada cen mil habitantes logo de detectarse nos últimos catorce días 10 casos positivos. 

A provincia de Lugo ten outros tres concellos con incidencias entre 150 e 250 casos por cen mil habitantes, trátase de Xermade, Quiroga e Ribeira de Piquín, que, polo momento, se atopan no nivel máis baixo de restricións. Pola súa banda, a pobra do Brollón que durante semanas arroxaba os peores datos da provincia, e que dende o pasado venres goza dun alivio nas limitacións impostas pola Xunta, podería ser o seguinte en descender de nivel logo de chegar a unha incidencia a catorce días de entre 50 e 150 casos por cada cen mil habitantes; e sen ter ningún positivo novo na última semana.

E para rematar, 38 concellos lugueses chegaron á incidencia 0 logo de non se ter detectado ningún positivo nas últimas dúas semanas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com