CaixaBank e Lugo Monumental firmaron esta mañá un acordo que permitirá aos máis de 80 asociados incrementar a súa competitividade grazas a un maior acceso a financiamento e ás últimas solucións de cobro, protección e seguridade no mercado. O convenio foi suscrito polo presidente da asociación lucense, Luis Latorre, e polo director de área de CaixaBank en Lugo, José Manuel López.
Este convenio, que favorecerá a relación comercial entre ambas entidades, contempla dous grandes campos de actuación: por unha parte, CaixaBank porá a disposición do tecido empresarial integrado na asociación diferentes solucións de financiamento, deseñadas de xeito específico para atender as súas necesidades: liñas de créditos, de circulante, préstamos para a inversión e liñas de financiamento con aval e de risco.
Por outra banda, a entidade bancaria ofertará unha ampla cartera de produtos e servizos específicos para o comercio minorista como contas sen costes de mantemento, terminais de pago bonificados (TPV) e seguros que permiten cubrir todas as continxencias que poidan derivar da súa actividade.
Asemade, CaixaBank ofrecerá aos membros de Lugo Monumental diversas fórmulas de renting e a posibilidade de adaptar os seus negocios ao e-commerce, coa creación dun canar de ventas en Internet.
Trala firma do acordo, o representante de CaixaBank insistiu na proximidade que a entidade quere manter cos autónomos e o pequeno negocio. Segundo López, un dos obxectivos establecidos pola entidade consiste en reforzar o contacto con este sector, reforzar as súas prestacións e colaborar no seu crecemento.