Praza de Santo Domingo

Cambio do sentido tráfico en Santo Domingo

O Concello de Lugo informa da necesidade de realizar un cambio temporal na ordenación do tráfico dentro das obras do proxecto Corazón Verde no entorno da praza de Santo Domingo. Co fin de retirar unha tubaxe de fibrocemento situada na parte superior da praza, dende mañá e ata novo aviso o acceso tanto á rúa Armañá como a rúa San Marcos realizarase subindo pola rúa Teatro –como ata agora–, pero dando a volta á glorieta da Águila Imperial, deixando libre o espazo paralelo á entrada do parking. É dicir, se agora os vehículos subían pola rúa do Teatro e bordeaban pola dereita a Águila Imperial, agora farano pola esquerda.

A retirada e substitución destas tubaxes esixe dunha ocupación temporal da vía que se manterá ata novo aviso. Aproveitando esta circunstancia, se realizarán outras tarefas para avanzar na peonalización da praza como labores de pavimentación.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com