Por motivos axenos á organización, a charla prevista, dentro da programación do Arde Lvcvs Cvltvral, para mañá mércores, 30 de setembro, de Antonio Rodríguez Colmenero, sobre O faro romano de Brigantium Flavium e a súa relación coa cidade de Lucus Augusti, aprázase ao 30 de outubro, sendo a encargada de dirixir a ponencia de mañá Almudena Santos González, coa conferencia Sembrando novos retos para un Arde Lvcvs europeo.
Ponencias do Arde Lvcvs Cvltvral
30 de setembro
Almudena Santos González. Graduada en Turismo.
SEMBRANDO NOVOS RETOS PARA UN ARDE LVCVS EUROPEO.
30 de outubro
Antonio Rodríguez Colmenero.Cadeirádego emérito e profesor investigador ad honorem da USC.
O FARO ROMANO DE BRIGANTIUM FLAVIUM E A SÚA RELACIÓN COA CIDADE DE LUCUS AUGUSTI.
30 de novembro
Ana Goy Diz. Cadeirádega de Historia do Arte da USC.
POSIBILIDADES DE INTERVENCIÓN NO EDIFICIO DO CUARTEL DE SAN FERNANDO TRAS A DECLARACIÓN DE BIC.
30 de decembro
Gabriel Castelló Alonso. Escritor de novela histórica.
GUERRAS CIVILES ROMANAS EN HISPANIA.
A concelleira quixo destacar a “implicación das asociacións” para manter as actividades culturais previstas, para, por un lado, manter o espírito e a chama da celebración. “Debemos reiventarnos por unha cuestión anímica, de insuflar optimismo á veciñanza” e quixo agradecer de novo “o gran traballo realizado polas 19 asociacións de recreacións histórica do municipio e a cidadanía en xeral, que se involucran ano tras ano no Arde Lvcvs e no Arde Lvcvs Cvltvral”.