Campamentos de Pascua nas Casas das Linguas Municipais e no MIHL

O Concello  anunciou que as Casas das Linguas Municipais e o MIHL acollerán campamentos durante a Semana Santa.

As actividades organizadas nas Casas das Linguas están orientadas para nenas e nenos nados entre os anos 2015 e 2021, e levaranse os días 14, 15 e 16 de abril, entre as 09:30 e as 13:30. Para solicitar unha praza, debe contactarse mediante correo electrónico entre o 1 e o 7 de abril ás 10:00 coa Casa das Linguas na que se desexe solicitar a praza, no enderezo casa.linguas@lugo.gal para a Casa das Linguas da Estrada da Granxa ou no enderezo casa.linguas.balteira@lugo.gal. As solicitudes para irmás e irmáns deberán remitirse no mesmo correo. Un total de 30 prazas, 15 en cada unha das casas das linguas, outorgaranse por orde de inscrición, e a listaxe de admitidos será publicada na xornada do 8 de abril, cando se abrirá o prazo para entregar a documentación necesaria para formalizar a inscrición.

No MIHL, as actividades están orientadas para nenas e nenos nados entre o 2013 e o 2021, e celebraranse os días 13, 15, 16 e 21 de abril entre as 09:15 e as 13:45. Haberá en total 20 prazas que se poderán solicitar entre o 1 e o 7 de abril, a partir das 10:00, no correo electrónico museo.mihl@lugo.gal. A listaxe de admitidos publicarase igualmente o 8 de abril e o prazo de formalización nos 3 campamentos estará aberto ata o día 11.

No correo de solicitude deberá indicarse o nome da nena ou neno, data de nacemento e teléfono de contacto, podendo inscribirse a varios irmáns no mesmo correo. Para a formalización da inscrición, será preciso aportar posteriormente unha fotocopia do DI do pai, nai ou titor legal que presentou a solicitude, fotocopia do DI do neno ou nena, en caso de telo, folla de inscrición e, en caso de autorizar a toma de imaxes, a folla de autorización. No caso de non formalizar a solicitude dentro do prazo, poderase cubrir a praza coas nenas e nenos en lista de agarda.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com