A Campaña turística LUGO CAMBIA presentouse en FITUR

Representantes políticos, do sector turístico e da hostalaría de Lugo e a súa provincia, tiveron hoxe na Feira Internacional de Turismo, que se celebra en Madrid, unha apertada axenda na que estaban programados unha morea de actos para presentar as distintas ofertas que ofrece tanto a  capital como a provincia. Durante a xornada de hoxe mércores, estiveron presentes nos diversos actos: o Presidente da Deputación Darío Campos, á Alcaldesa de Lugo Lara Méndez, o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria Francisco Conde, o Deputado da Área de Turismo Eduardo Vidal, O Delegado da Xunta en Lugo José Manuel Balseiro, a Alcaldesa de Mondoñedo Elena Candia, a Concelleira de Cultura e Turismo Carmen Basadre, o voceiro no Senado José Manuel Barreiro e o Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, José Real, foron algunhas das moitas autoridades e políticos da provincia que se deron cita en FITUR.

Durante todo o día houbo diferentes actos como a presentación da X Edición da Guía Turístico-Gastronómica da APHEL, a Semana Santa de Viveiro así como os diferentes recursos turísticos cos que conta a provincia.

O Presidente da Deputación Campos Conde, reivindicou e puxo en valor que “en Lugo temos recursos que ninguén debe perderse. En cada un dos nosos 67 Concellos, temos específicas xoias naturais, patrimoniais, culturais e gastronómicas, que temos que descubrir. Garántovos que Lugo Cámbiate”.

O titular provincial destacou tamén que “cada un dos recunchos da nosa provincia que visitemos, dende as praias da Mariña, a montaña dos Ancares e do Courel, os viñedos da Ribeira Sacra, ou os ríos e lagoas das 3 Reservas da Biosfera recoñecidas pola UNESCO, producen sensacións únicas que se transmiten a través da vista, o tacto, o oído e, por suposto, o gusto”.

Campos Conde reivindicou que a marca E  para Comer Lugo, “xa forma parte da nosa identidade como lucense. Algo do que nos sentimos moi orgullosos é que cando dicimos que somos de Lugo, a xente sempre nos di: que ben se come alí”.

O Presidente da Deputación tamén quixo apoiar a presentación da Semana Santa de Viveiro en FITUR. Campos Conde trasladou o seu apoio persoal e o do organismo provincial a este municipio mariñao e a súa Alcaldesa, María Loureiro, para impulsar esta cita, xa declarada de Interese Turístico Internacional.

Pola súa banda o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria Francisco Conde, nunha das súas intervencións subliñou que, “se como galegos facemos bandeira de Galicia Calidade, que hoxe representa a máis de 300 produtos de 84 empresas certificadas, o …E para comer, Lugo é o lema dos lucenses”, animando a visitar a provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com