Campionato Mundial de Billar en Lugo

Dende mañá e ata o 2 de xullo, a cidade de Lugo acollerá o Campionato Mundial de Billar e outras probas de máximo nivel da disciplina que reunirán a centos de xogadores, entre os que se contan algúns dos mellores do panorama internacional. . En concreto, a World Cup of Pool celebrarase do 27 de xuño ao 2 de xullo; este campionato de billar americano na modalidade de Bola 9 reunirá a 64 xogadores de 32 países. Antes, entre mañá e o domingo día 25, desenvolverase o Spanish Open, un novo evento principal do ranking mundial de Bola 9, que contará con 256 xogadores de todo o mundo. En paralelo, os días 23 e 24 terá lugar o FSR Junior Open.

Na presentación participaron Javier Arias delegado territorial da Xunta, a cal  colabora co evento a través de Turismo de Galicia; Emily Frazer, CEO de Matchroom -a entidade organizadora-; Mateo Alonso, presidente da Federación Galega de Billar; Carlos Iglesias, presidente da Asociación Galega de Billar Pool; Francisco Sánchez, campión do mundo de billar

Os encontros internacionais están organizados por Matchroom, o maior promotor de billar americano do mundo, e retransmitiranse a través de canais e plataformas como Sky Sports, Dazn, Viaplay, Ziggo, Matchroom.Live, Weibo, Facebook e Youtube.

Ademais, os días 24 e 30 de xuño e 1 e 2 de xullo disputarase o 31º Campionato Galego de Billar Pool de Equipos. Máis de 1.000 xogadores enfrontaranse en corenta mesas homologadas neste torneo,  considerado como o máis multitudinario de Europa, para lograr os títulos autonómicos e os premios dispostos pola Asociación Galega de Billar Pool para o remate da tempada deportiva 2022/2023.

O delegado da Xunta, subliñou que este encontro atraerá a Lugo a xogadores de primeiro nivel e a milleiros de afeccionados “e xa se deixa sentir na cidade, especialmente nas reservas de aloxamentos”. Así mesmo, destacou que supón unha importante proxección turística para a cidade, xa que segundo os promotores o 60 por cento do público asistente é de fóra de Galicia.

Ademais, cifraron en 2M€ o orzamento total destinado a montar estes torneos. En canto ao seu impacto económico, resaltaron que só para instalar o equipamento necesario e homologado no recinto feiral desprazáronse a Lugo 75 técnicos de diferentes países.

Imaxe:Pixabay

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com