Campo de pullas novo libro do cambadés Miguel Anxo Mouriño

Estes días ven de ver a luz o  libro Campo de pullas, editado polo Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) por medio de Companha Editora (grupo Sacaúntos). Nel , o autor, mergullanos nas guerras literarias do Século de Ouro, centrados nos tres poetas sobranceiros, Góngora, Lope de Vega e Quevedo, e recompílanse as sátiras poéticas (máis de medio cento) que se cruzaron, analizándoas e explicando as claves necesarias para a súa comprensión. Pódese dicir que é unha obra singular por reunir todos estes poemas nun volume, e, tamén, por comentalos en galego. Non se trata dunha obra erudita para iniciados, senón divulgativa dirixida a lectores curiosos amantes do enxeño, con frecuencia sublime, co que este trío de ases manexaba a lingua. A segunda parte do libro contén, como anexo, feitos, curiosidades e ampliacións que axudan a colocar a actividade satírica e poética dos heroes áureos no marco axeitado.

Nos arquivos adxuntos pódense ver un exemplo dos comentarios de poemas da primeira parte (“Cierto poeta, en forma peregrina”) e un artigo anexado da segunda (“Barrio das letras”).

Xa está nas librerías, pero tamén se pode mercar na ou na web da editora https://companha.gal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com