O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, non descarta que o deputado non adscrito e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, poida volver a integrarse no grupo socialista e no goberno da Deputación de Lugo. “Hai esa posibilidade. Sempre estivo aí”, aclarou esta mañá Campos ao tempo que subliñou que “non sei o que pode pasar”.
Segundo o presidente da Deputación “sempre houbo contactos” para que Martínez volvera á disciplina dos socialistas. “A política dá moitos xiros e hai que deixar cicatrizar as feridas”, concluíu.
Manuel Martínez era expulsado do grupo provincial por votar diferentes iniciativas co Partido Popular. Previsamente Martínez posibilitara que a popular Elena Candia conseguise a presidencia da Deputación ao romper a disciplina de voto do partido, aínda que meses despois favoreceu unha moción de censura para que Darío Campos fora presidente.