Campos anunciará esta semana o novo reparto de áreas na Deputación e ve “difícil” a volta de Martínez

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, agarda anunciar ao longo desta semana a nova distribución de competencias no ente provincial, logo de que onte o BNG formalizase a súa saída do Goberno da institución. “Estamos postos no traballo de redefinir as áreas e creo que nesta semana teredes noticia de como quedan definitivamente”, sinalou Campos.

O presidente da institución provincial admitiu que aínda non tivo tempo de falar cos dous deputados do bloque que onte renunciaban ás súas competencias como membros do Goberno, pero aclara que hoxe se poñerá en contacto con eles “para sacar adiante as cousas pendentes o antes posible”.

Sobre o posible regreso ao grupo socialista do deputado non adscrito e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, Campos admite que esa posibilidade é “dificil”, tendo en conta os desencontros entre os socialistas e o rexedor de Becerreá nos últimos meses. “Nunca se pode dicir desta auga non beberei, pero creo que é dificil”, revelou Darío Campos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com