Campos asegura que seguirá loitando pola Deputación pese a apoiar a proposta organizativa popular

Cinco minutos. Iso foi o que ao Pleno de Organización da Deputación de Lugo, logo de votar todos os grupos a favor en cada punto da orde do día. Nembargante, e a pesares do que puidera parecer, á saída do acto, o portavoz dos socialistas, Darío Campos fixo unhas declaracións aos medios de comunicación nas que aseguraba que “este acordo é temporal, a curto prazo. Nós seguimos a traballar para que a Deputación volva ser nosa”, en relación a unha futura moción de censura artellada entre os socialistas e o BNG.

“Sentimos a decepción dos nosos votantes que de seguro esperaban unha oposición máis contundente neste pleno, pero tamén temos unha responsabilidade cos cidadáns e vemos necesario apoiar a proposta organizativa popular, xa que é bastante continuísta co proxecto socialista anterior, e queremos que os programas postos en marcha polo anterior goberno cheguen a bo porto”, concluíu Campos.

A proposta dos populares para o ente provincial era practicamente a mesma que a dos socialistas do pasado ano 2011, polo que non houbo sorpresas en canto a discrepancias en ningún dos puntos propostos por parte do PSOE ou do BNG. Aínda así, moitos esperaban que polo menos houbera algo de discusión ou debate, pero finalmente non foi así.

A Presidenta da Deputación, amosouse satisfeita coa boa conexión entre os tres grupos políticos neste primeiro pleno, que en principio marcará a axenda política no ente provincial e os primeiros pasos a seguir. Explicou que a composición da corporación continúa a ser a mesma ca de 2011 polo que a organización da institución tamén se manterá de xeito moi similar.

En canto ás propostas aprobadas durante a sesión plenaria, Elena Candia sinalou que non presentarán apenas variacións con respecto ás do ano 2011, e engadiu que o global dos importes son similares aos da última lexislatura.

A retribución da Presidenta da Deputación de Lugo será de 63.502,46 euros ao ano, o mesmo que cobraba o anterior presidente e haberá  dúas vicepresidencias que terán unha asignación 57.518.30 euros cada unha.

En canto ás dedicacións exclusivas dos partidos o PSdG terá tres, as mesmas que na lexislatura pasada; o PP dúas , unha menos que a anterior e o BNG contará con dúas, unha máis que cando estaba no goberno.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. pequerrecha
    Xul 15, 2015 - 10:21 AM

    Osea en continuar con sus buenos sueldos se ponen de acuerdo por unanimidad y sin debate..que no somos idiotas..

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com