O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico, participaron este sábado na festa deste municipio, que se celebra os días 27 e 28 de xullo. Unha cita coa que colabora o Goberno da Deputación achegando actividades fluviais gratuítas e para todos os públicos. Ademais, o Executivo colaborou cunha exposición na área recreativa do Concello composta por catro cubos nos que pode repasarse a biografía de Maruja Mallo.
O Presidente e o Alcalde visitaron o recinto feiral e participaron no xantar popular cos veciños de Ribeira de Piquín, que foi amenizado coa Orquestra Tokio. Posteriormente, tiveron lugar as actividades deportivas fluviais financiadas polo Executivo Provincial na área recreativa Chao de Pousadoiro, nas que os nenos e maiores do Concello, puideron desfrutar de tobogáns, kaiaks e rocódromos acuáticos.