Campos Conde participa na clausura da MOEXMU

O Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, xunto con outras autoridades, participou este domingo no acto de clausura da XXXIII edición da Mostra de Exposicións de Muimenta, MOEXMU.

O ente provincial aportou 12.000 euros para levar a bo fin esta mostra. De feito, de feito a Deputación xunto co Concello son as únicas administracións públicas que colaboran economicamente con esta cita, que move de media a máis de 15.000 visitantes.  

 Ademais da aportación económica, o Goberno Provincial colaborou tamén con esta mostra a través de exposicións e actuacións de profesionais da artesanía e da música, a traveso do CENTRAD e do Musiqueand.

 Nesta edición, foron 108 as cabezas de gando procedentes de distintos puntos de Galicia as que estiveron presentes en MOEXMU, ao que hai engadir 100 expositores de venda de produtos artesanais, mobles, produtos gastronómicos, automóbil ou maquinaria agrícola, entre outros.

 A espera dos datos oficiais sobre o volume de negocio xerado na cita, os primeiros cálculos dan como resultado transaccións superiores aos 2,5 millóns de euros, xa que  á poxa de animais que superaron os 300.000 euros, hai que sumar todos os outros produtos e servizos que se comercializaron ao longo da feira exposición, nomeadamente, maquinaria agrogandeira, tanto nova, como de ocasión.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com