Campos Conde reivindica melloras na rede ferroviaria lucense

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou hoxe na entrega de premios Monforte al Ferrocarril que nesta anualidade recaeu sobre a Directora Xeral de Explotación e Construción de ADIF, a lucense Isabel Pardo de Vera.

O Titular Provincial apuntou que a pesares de todo o traballo feito, é preciso que dende as administracións públicas se continúe  a reivindicar a necesidade de dotar a provincia de infraestruturas ferroviarias do século XXI, que permitan un desenvolvernos tanto social como economicamente, en igualdade de condicións que ao resto de territorios. 

Campos Conde destacou que dende o Goberno Provincial séguese reivindicando a supresión de máis de 30 pasos a nivel na liña Ourense-Monforte-Lugo; o desenvolvemento do corredor ferroviario Atlántico, coa fin de conectar Lugo co resto de Europa, e que nos permita competir cos corredores do Mediterráneo; a Alta Velocidade en Lugo, pois a pesares de que o Ministro estivo esta mesma semana na provincia, non comprometeu a chegada do AVE a nosa provincia, ou a execución dos fondos existentes nos Presupostos Xerais pois, por exemplo, no 2017, deixáronse sen empregar uns 13 millóns na melloras dos servizos ferroviarios en Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com