Campos convoca un Padroado Extraordinario da TIC para iniciar a súa integración na Deputación

O Presidente da Fundación TIC e da Deputación, Darío Campos, convocou esta mañá un Padroado Extraordinario da entidade, tal e como anunciara o 22 de novembro na reunión ordinaria na que se aprobou a súa proposta de iniciar o proceso para integrar a actividade da TIC na Deputación e subrogar o seu persoal. Nesta sesión extraordinaria modificáronse os Estatutos da TIC, primeiro paso necesario para levar a diante todo o proceso. Unha vez aprobada, esta modificación será trasladada á Xunta de Galicia para a súa ratificación por parte do Protectorado das Fundacións de Interese Galego. A proposta do Presidente provincial culminará no Pleno da Deputación, que deberá aprobar a xestión directa da actividade e a subrogación do persoal.​

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com