Campos cre que houbo xente “que non traballou o que tiña que traballar” para que Leiceaga fora presidente

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, sinalou esta mañá que “pode ser que houbera xente que non traballou o que tiña que traballar” para favorecer que o candidato socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, fora presidente da Xunta.

Campos apuntaba a esta como unha das múltiples causas que cre que explican a perda de votos do PSdeG nas pasadas eleccións autonómicas. Neste sentido, o presidente do ente provincial chamaba a realizar unha “autocrítica profunda”, aínda que entende que esta debe facerse “dentro do partido”.

Entre os factores que Darío Campos apunta como causantes dos malos resultados están as tensións internas no seo do Partido Socialista, aínda que tamén cre que “polo que se está vendo, a situación non está tan mal como se cría” e así o ven “os veciños e a sociedade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com