Campos pide un receso no Pleno para debater co seu grupo a RPT

Xornada de Pleno na Deputación de Lugo. E xornada intensa. Semellaba, esta mañá, que a sesión de hoxe sería unha máis, sinxela, rápida e na que só se presentarían unhas cantas mocións. Pero, houbro sorpresas. Se ben na sesión anterior, en febreiro, os deputados aprobaron inicialmente unha Relación de Postos de Traballo (RPT) que sería ratificada hoxe polas mesmas persoas. Primeiro punto do día, que se complicou ata que o presidente do Executivo, Darío Campos víuse na obriga de ter que pedir un receso de cinco minutos.

Comezou presentando este punto da orde do día o Deputado socialista, Miguel Ángel Sotuela Veiga, quen destacou o apoio recibido a esta RPT por parte do Pleno na aprobación inicial. Pasábase así o turno ao bando popular, o encargado de defender a postura do PP foi, neste caso, Juan Carlos Armesto, quen puxo de manifesto a imposibilidade de que a RPT entre en vigor ata que estean aprobados os Presupostos Xerais do Estado. Un discurso, o de Armesto, que avanzaba o voto negativo do PP a este primeiro punto e solicitáballe ao equipo de goberno que demorase a aprobación desta moción para “buscar o consenso de todos os grupos”.

Pola súa banda o nacionalista Xosé Ferreiro, que no seu momento dera o seu apoio á RPT presentada polo goberno, anunciaba ao inicio da súa quenda de palabra a súa abstención no voto. Baseaba a súa decisión nas numerosas alegacións de traballadores do organismo e, incluso, Xefes de Servizo ou o Secretario Xeral da institución, das que dixo que algunha das que non están atendidas “poderían ser aceptadas por un Xulgado”. Asemade, destacaba o nacionalista diversos “incumprimentos do goberno co BNG” neste eido, o que comprometía así o seu voto.

Certo é que non todo foi malo, pois Ferreiro non dubidou en destacar a mellora nas condicións dos traballadores, que rebaixan a diferencia entre os soldos máis baixos e os máis altos (cinco veces o soldo anual máis baixo do funcionariado provincial) dentro da institución.

Volveu a tomar a palabra Sotuela Veiga. O socialista, na súa segunda quenda asegurou que o seu grupo non ía retirar a moción posto que “é a mesma” de hai un mes que si se aprobara. Ademade afirmou que nas negociacións feitas cos representantes sindicais, todos apoiaron esta Relación de Postos de Traballo. Esta decisión comezou a caldear o ambiente, e saíron as primeiras cifras. Os socialistas aseguraban que de 500 traballadores provinciais, só houbera 25 reclamacións a esta RPT das que 7 estimáranse íntegramente e 5 parcialmente; ao que os populares responderon con outras cifras moi diferentes. Segundo os datos ofrecidos por Armesto, en total, houbro 34 alegacións das cales 27 eran de traballadores, 6 de xefes de servizo e unha do Secretario Xeral. Ademáis, destacou o popular, unha de estas alegacións é da deputada socialista, Sonsoles López Izquierdo, o que chamou a atención dos populares e, tamén, dos socialistas.

Tanto foi así que ao rematar o turno do popular, que lamentaba que o Presidente non houbera dado a súa opinión. Falou Darío Campos, pero fíxoo para pedir un receso de 5 minutos. Así, saíu todo o equipo de goberno do Salón, algúns con serias dúbidas, para, aparentemente, debatir entre eles se facer caso aos populares e demorar este tema.

Neste receso, Elena Candia pediu “responsabilidade” e “seriedade” ao goberno e amosou a súa preocupación antes este feito “sen precedentes e de auténtica vergoña” que demostrou o grupo socialista. Asemade, a voceira popular  asegurou que o grupo de Darío Campos é incapaz “de chegar a acordos coas forzas e están obrigados, actúan como si tuveran maioría”.

Finalmente, a RPT saiu denegada cos votos en contra do PP e o socialista, Manuel Martínez que, unha vez máis, deulle ás costas ao seu grupo; e a abstención do BNG.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com