Seguindo indicacións dos Ministerios de Sanidade e de Cultura e Deporte e co fin de evitar a propagación do coronavirus, a concellería de Deportes vén de anunciar a cancelación da carreira Corre con Nós programada para este fin de semana.
“A pesar de que non se teñen detectado alarmas sanitarias, ao respecto, na nosa cidade, o Concello tomou a decisión de suspender esta proba na que xa se atopaban inscritas máis de 1.200 persoas”.
Dende a área municipal de Deportes sinalan que a decisión de adiar a competición obedece a unha medida de prevención á vista das recomendacións das autoridades sanitarias e do Consello Superior de Deportes sobre o coronavirus, “circunstancias que se tiveron en conta para aprazar o Corre con Nós, con nova data aínda por determinar” ao tempo que lamentaron as posibles molestias que esta determinación poida ocasionar entre as e os atletas.